PUBLICIDADE

PUBLICIDADE



viernes, 30 de octubre de 2009

Cartelería


Un cartel, afiche ou póster é unha lámina de papel, cartón ou outro material que serve para anunciar ou dar información sobre algo.
En distribución, os carteis colócanse tanto en tenda coma no escaparate (en ocasións, mesmo, no exterior) co fin de anunciar prezos de artigos ou ofertas en marcha. Os carteis tamén se utilizan para colocar o nome de departamentos e seccións co fin de orientar a clientela. En ambos os dous casos, adoitan incluír o logotipo e as cores corporativas da cadea de distribución.
Os carteis úsanse en marchandizaxe para divulgar e apoiar campañas dentro do establecemento tales como Rebaixas, Semana Fantástica, Día do Pai, etc. Xeralmente, colócanse pegados nas paredes, mobles ou cabeceiras de góndola, sobre pés metálicos ou colgados do teito.
Os carteis tamén serven para anunciar espectáculos ou eventos culturais tales como:
Concertos
Causas ou Manifestacións
Recitais
Encontros Deportivos
Festas e Feiras
Películas de Cine
Obras de Teatro
Exposicións

Nos devanditos casos, encolánse nas paredes dos edificios onde terán lugar o acontecemento ou outros lugares da cidade habilitados para o efecto. 

1 comentarios:

MANE dijo...

visitando a los amigos ,te dejo un abrazo